O Outro Camiño – Láminas e Lenzos

10,0038,00

Reproduccións artísticas asinadas a man.
Láminas 15×20 / A4 (21×29.7cm)
Lenzo 30x40cm (+marxe 5cm)

Limpiar

Descripción

“O outro Camiño” é unha ilustración coa que quixen poñer o foco no paralelismo entre eses dous “camiños” contrapostos que coexisten en Galicia. No desequilibrio entre a hiper-visibilización do camiño de chegada das peregrinas e a invisibilización dos camiños de saída das expulsadas á emigración. Milleiros de frechas amarelas atraen, a persoas de tódolos puntos do planeta no seu tempo libre,  para facer o Camiño de Santiago, mentres que milleiros de “frechas grises” marcan a deriva dunha morea de xente nova, obrigada a marchar,  que despóis non atopa xeito de voltar. Foi feita para ilustrar a capa do nº25 da revista anual “A Palloza” editada pola Agrupación Cultural Galega Agarimos de Badalona.

Características:
Láminas:
Reproducción en papel 100% algodón libre de ácidos | 240g/m2 | Mate | Branco natural | Superficie de textura suave.
(Sen marxes, cortadas á sangue)
Lenzos: Reproducción en lenzo 100% algodón | 440g/m2 | Mate | Branco intenso | Superficie con textura de grao medio.
(Marxe perimetral de 5cm en branco, para montaxe en bastidor. Bastidor non incluido)

A Impresión Giclée é un tipo de impresión artística de alta definición mediante inxección de tintas pigmentadas ecolóxicas sobre papeis e lenzos especiais para obras de arte. Con especial atención á xestión da cor, mantendo a fidelidade coa obra de orixe e acadando tons intensos e estables ao longo do tempo. Polas características do proceso e dos materiais utilizados acádanse obras de longa duración cun excelente comportamento ao paso dos anos.

Características dos envíos:
As Láminas envíanse protexidas con cartón en sobre de burbullas.
Os Lenzos envíanse protexidos con papel de seda enrolados nun tubo de cartón de 50×5,5cm de diámetro.

 

Información adicional

Dimensións N/D

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “O Outro Camiño – Láminas e Lenzos”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Recomendacións…