Description
“Camiño” é unha ilustración nacida no marco das celebracións do Día da Ilustración do 2021. Cando a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración ( AGPI) convidounos a catro ilustradoras a achegarnos á homenaxeada nese ano, Lolita Díaz Baliño, a través dunha obra relacionada con ela e o seu traballo. Esta ilustración, que mestura debuxo e collage dixital, foi o resultado do meu intento de diálogo “onírico” con esta xenial pintora e ilustradora do S.XX, e está inspirada na súa “Peregrina”. Aquí, convertida nunha das persoas dos “Cheiracús” que deixa atrás unha distopía para construír un futuro “fora dos marcos”. Podedes saber máis sobre o proceso de creación desta ilustración neste o vídeo explicativo.
Características:
Láminas: Reproducción en papel 100% algodón libre de ácidos | 240g/m2 | Mate | Branco natural | Superficie de textura suave.
(Sen marxes, cortadas á sangue)
Lenzos: Reproducción en lenzo 100% algodón | 440g/m2 | Mate | Branco intenso | Superficie con textura de grao medio.
(Marxe perimetral de 5cm en branco, para montaxe en bastidor. Bastidor non incluido)
A Impresión Giclée é un tipo de impresión artística de alta definición mediante inxección de tintas pigmentadas ecolóxicas sobre papeis e lenzos especiais para obras de arte. Con especial atención á xestión da cor, mantendo a fidelidade coa obra de orixe e acadando tons intensos e estables ao longo do tempo. Polas características do proceso e dos materiais utilizados acádanse obras de longa duración cun excelente comportamento ao paso dos anos.
Características dos envíos:
As Láminas envíanse protexidas con cartón en sobre de burbullas.
Os Lenzos envíanse protexidos con papel de seda enrolados nun tubo de cartón de 50×5,5cm de diámetro.
Reviews
There are no reviews yet.