Antes da creación desta nova páxina, ao poñer “www.iriaribadomar.com” no navegador, os camiños de internet conducían ao meu vello blogue.
Deixareino polo de agora activo, porque un pouco nostálxica sempre fun e téñolle moito aprecio á historia e as historias, por pequenas que éstas sexan.
Para contalo todo, teño sempre a teima de ir ao comezo do comezo do comezo do comezo… de perderme nun labirinto de detalles, parénteses e contextos, por iso deixo aquí esta ponte co meu vello blogue, a modo de “conexión” coas orixes deste espazo, coa súa “Pre-historia”.