Os “Debuxos Colaborativos”
Son obras feitas en directo, de xeito interactivo, coas persoas que seguides a súa retransmisión a través de Twitch. Comezan cun papel en branco que vou enchendo cos elementos que me pedides a través do “chat”, compoñendo esceas con ingredientes aparentemente inconexos, que rematan por crear universos surrelistas, psicodélicos, cinematográficos, místicos…
Cómo se pode participar?
Para participar na creación dos debuxos interactivos, tedes que seguir os directos na miña Canle de Twitch ou a través de Instagram e escribir no “chat” qué elemento queredes que apareza no debuxo. Eu buscareille un oco, de xeito que quede integrado na escea co resto de cousas que pedíchedes. Podedes facer cántas peticións queirades ata que cubramos o papel. Poden ser cousas, animais, persoas, ou mesmo conceptos abstractos ou simbólicos… que xá lle botaremos imaxinación! Iso sí, lembrade chegar cedo, para facer as peticións antes de que se remate o debuxo!
Cando comeza o seguinte Debuxo Colaborativo?
Este domingo, 11 de Abril ás 20:00h comezamos o VII Debuxo colaborativo!!!
A Colección dos Debuxos Colaborativos:
II Debuxo Colaborativo
III Debuxo Colaborativo
IV Debuxo Colaborativo
V Debuxo Colaborativo
VI Debuxo Colaborativo
Cómo comezaron os Debuxos Colaborativos?
O seu nome ao principio foi “Debuxos Interactivos” e o primeiro foi o 30 de Xaneiro, que é cando en Galiza se celebra o Día da Ilustración. Para compensar este ano de peches e distanciamentos físicos, eu decidín celebralo con unha especie de cadaver exquisito, debuxando o que me pedírades, e construindo así unha obra xunt@s. Ese primeiro foi só a través de instagram, pero como foi unha experiencia moi divertida e o resultado tan estrambótico, pensei que sería xenial repetilo!
Thanks!