Dapeixa – Obra orixinal (políptico 198x119cm)

4.000,00

Óleo sobre lenzo
Tamaño: 198x119cm (5 pezas)
Recollida no taller (consultar outras opcións)

Hai existencias

Categoría: Etiquetas: , , ,

Descripción

Obra orixinal | Óleo sobre lenzo | 5 pezas montadas en bastidor de madeira e enmarcadas con moldura en “L” (lacado branco mate).

Tamaño: 198x119cm ( peza superior: 198x49cm / pezas inferiores: 65,5x46cm / grosor do marco: 3,5cm)

“Dapeixa” é unha obra de 2015. Despértame moita curiosidade a potencia que o contexto ten para condicionar a nosa forma de mirar e ata qué punto pode chegar a mudar a nosa actitude fronte a algo. Nun contexto “artístico” adoitamos ser permeables a estímulos, emocións e reflexións que a mesma visión non desperta noutros eidos nos que desbotamos a información que semella non ser de util. No  posto dunha peixeira, extraído da praza de abastos e pendurado nunha parede en forma de cadro, deixan de ser relevantes o prezo ou a frescura e vemos formas e cores, ritmos e composición, equilibrios, densidades, baleiros… fragmentación. Aparecen relacións, roles, xerarquía, dramatismo, contradiccións… Manter esa forma de mirar todo o tempo, é practicamente imposible, máis temos arredor de nos, estímulos que é unha pena relegar só ao contexto da “arte”.

Se queres máis información podes utilizar o formulario de contacto ou escribir a info@iriaribadomar.com

Para as obras de maior tamaño, polo de agora, só está habilitada a recollida no taller (consultar para outras opcións de envío).

 

 

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Dapeixa – Obra orixinal (políptico 198x119cm)”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *