13.11.16

Compostela Ilustrada 2016

Paseino en grande esta finde nos talleres de Compostela Ilustrada. O venres mesturando natureza e arquitectura contemporánea con Sagar Fornies no parque de Vista Alegre e o sábado retratando as xentes e as rúas da zona vella con Inma Serrano no Derby e na Rúa do Vilar.

24.11.15

"Pés Galega" para o FAM Antas de Ulla - 2014

Ilustración "Pés Galega" con fondos de texturas para agasallar ós grupos participantes no FAM de Antas de Ulla. Rotulador acrílico, pintura plástica e tinta sobre cartón (12x12) pegado sobre paspartú de 20x20.
  
  


20.11.15

Arte de Rúa - 2015



A versión 2015 da familia posatpocalíptica dos #cheiracús. Ilustracións pintadas sobre cartón con rotulador acrílico e bolígrafo ou tinta (12x12). 


Tamén de este verán, unha forma máis de aproveitar as #sobrasdearte. Desta vez son os anacos de cartón onde limpo as espátulas do acrílico as que serven de fondo para os debuxos. Ilustracións de pequeno formato (aprox12x12) pintadas sobre cartón con pintura acrílica e espátula,  rotulador acrílico e bolígrafo ou tinta china.


7.5.15

"Arte de Rúa" na Aña Urbana - Pontevedra

O Pasado 25 de Abril estiven na Aña Urbana en Pontevedra amosando os meus debuxos por partida doble. Coa micro-expo de debuxos e pinturas da colección de "Arte de Rúa" e coas ilustracións dos colgantes e demais pezas de deica!. Estivemos moi agusto pintando e conversando nesta feira, que todos os anos organiza a Asociación Cultural Trepia, todo ben amenizado pola música tradicional das distintas agrupacións. 


19.2.15

Formas e cores


Fuchicando nas formas, nas cores, no figurativo e no abstracto a partir dunha foto que tiña unha paleta de cores moi agradable saiu esta secuencia:


17.2.15

Cartel do Festival "Rumbo de Colisión"

As amigas e amigos do Clube Mariño Salnés períronme que lles deseñara un cartel para anunciar o evento que están a organizar para o vindeiro Sábado 21 de Febreiro, o Festival Solidario coa Cultura Marítima do Salnés "Rumbo de Colisión". Foi un pracer, xa non só pola amizade se non tamñen por poder axudar no traballo que fan de conservación, promoción e vitalización da cultura e das tradicións do mar.

A protagonista do cartel é a pequena e fermosa "Julicheira", unha das embarcacións coas que o CMS sae a navegar. É unha dorna de escarba ou dorna polbeira, un tipo de embarcación lixeiriña e boa de maniobrar tanto a vela coma a remo que aínda hoxe se usa para pescar perto das pedras e entre bateas.


Vémonos ló este sábado na antiga Fábrica de Peña de Cambados e nos seus arredores  para desfrutar dun festival cargado de actividades e actuacións teatrais e musicais. Podedes botar un ollo ó programa no seu blog, ou no evento do facebook.

9.2.15

Arqueoloxía de Paleta - sobrasdearte

Na rúa, ó pintar con acrílico nunha paleta pequena, rápidamente se enche de pintura e teño que limpala. Encántame o proceso de ir escarvando nela cun cutter cando a pintura está seca e ver como van saíndo as cores das capas inferiores, ás veces é máis interesante este momento aqueoloxía que o propio de pintar: 


Como non son eu moito de tirar nada, vou gardando a pintura que saco da paleta ó limpala para usala noutros traballos (que veñen sendo máis sobrasdearte). Ó gardar a pintura que sobra nunha caixa, queda compactada nun bloque, mentras agarda a ser usada para facer algunha cousa.


De cando en vez levas simpáticas sorpresas como a vez que me atopei con este inquietante paiaso:


Aquí vos deixo algún dos traballos con esta materia prima tan colorida que xa compartín algunha vez en "Arte de Rúa"






3.2.15

Ilustración para o nº0 da Revista 15/15\15

No último trimestre do ano estiven a traballar na ilustración para a portada da versión impresa do "nº0" da revista dixital 15/15\15Manuel Casal Lodeiro (coordinador da revista) pediume representar a caída da civilización industrial cunha cabeza de coloso e o nacemento da nova civilización cunha planta de amorodos saíndo das fendas. O resultado foi este:


"15/15\15" é un proxecto que nace, nada máis e nada menos que co obxectivo de servir de ferramenta para a construcción dunha nova civilización. Unha publicación en liña con artigos e información sobre decrecimento, transición post-petróleo, sobreanía alimentaria e enerxética... na liña da "Guía para o descenso enerxético" ou do  manifesto "Última llamada".  Podedes seguir esta publicación na súa páxina web: