VIII Debuxo Colaborativo – Láminas e Lenzos (copia)

20,0050,00

Lámina A4 (21×29.7cm)
Lenzo 35,5x50cm (+marxe 5cm)

Limpiar

Descripción

“VIII Debuxo Colaborativo” 

Os “Debuxos Colaborativos” están feitos en directo, de xeito interactivo, coas persoas que seguides a súa retransmisión a través de Twitch. Comezan cun papel en branco que vou enchendo cos elementos que me pedides a través do “chat”,  compoñendo esceas, con ingredientes aparentemente inconexos, que rematan por crear universos surrelistas, psicodélicos, cinematográficos, místicos…  Se queres participar na creación do seguinte ségueme na miña Canle de Twitch e nas Redes para coñecer a data do seguinte!

Características:
Láminas:
Reproducción en papel 100% algodón libre de ácidos | 240g/m2 | Mate | Branco natural | Superficie de textura suave.
(Sen marxes, cortadas á sangue)
Lenzos: Repruducción en lenzo 100% algodón | 440g/m2 | Mate | Branco intenso | Superficie con textura de grao medio.
(Marxe perimetral de 5cm en branco, para montaxe en bastidor. Bastidor non incluido)

A Impresión Giclée é un tipo de impresión artística de alta definición mediante inxección de tintas pigmentadas ecolóxicas sobre papeis e lenzos especiais para obras de arte. Con especial atención á xestión da cor, mantendo a fidelidade coa obra de orixe e acadando tons intensos e estables ao longo do tempo. Polas características do proceso e dos materiais utilizados acádanse obras de longa duración cun excelente comportamento ao paso dos anos.

Características dos envíos:
As Láminas envíanse protexidas con cartón en sobre de burbullas.
Os Lenzos envíanse protexidos con papel de seda enrolados nun tubo de cartón de 50×5,5cm de diámetro.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “VIII Debuxo Colaborativo – Láminas e Lenzos (copia)”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Recomendacións…