Iria


Nacín en Cambados, e no 2004 trasladeime a Santiago para estudar Artes Plásticas e Deseño, primeiro Proxectos e Dirección de Obras de Decoración, e pasado un tempo, Arquitectura Efémera.



ARTE DE RÚA: En 2008 comecei a expoñer os meus debuxos de maneira regular nos soportais de Correos da Zona vella de Santiago xunto con outras pintoras e pintores. Dende aquela, tódolos veráns expoño alí obras de pequeno e mediano formato con temática galega e compostelá, e experimentos máis persoais.



Na primavera de 2013 fixen a primeira colección de ilustracións para a marca de xoiería ilustrada “deica!”, agora está a piques de comezarse a cociñar xa a terceira colección. Pendentes, colgantes, pulseiras etc... e tamén unha serie limitada de láminas con cada un dos deseños: www.deicacreacions.com


Na actualidade, mesturo a realización de encargos e proxectos propios de pintura, ilustración e deseño co traballo de impresión dixital de fotografía artística e belas artes no taller de Cuadros Asorey 


Gústanme tanto as ferramentas dixitais como coas máis tradicionais e no que a estilos se refire tento aproveitar as posibilidades expresivas que cada un ofrece para cada proxecto concreto.


iriaribadomar@gmail.com  · twitter · facebook · issuu



2003 - II MOSTRA CUADRANTE NORTE (Vilagarcía - Exposición colectiva itinerante)

2009 - "CORES PARA CABANILLAS" (Cambados - Exposición colectiva homenaxe a Ramón Cabanillas)

2012 - "SAUDARTE" (Cambados - Exposición Colectiva)

2013 - "CONEXIÓNS" (Vilagarcía - Exposición Colectiva)

2013 - ARTEFACTOSALNÉS "PÍNTAO DE ROCK" (Cambados - Exposición Colectiva)

2013 - "Iniciación en las Ciencias Físiconaturales" (Estudio Ela Interiorismo, Santiago de Compostela - Exposición individual)

2013 - "ENCONTRO" (Café Avenida, Cambados - Exposición Colectiva)

2014 - ARTEFACTOSALNÉS "SON DE CAMBADOS" (Cambados -  Exposición Colectiva)

2014 - EXPOSICIÓN CON ÁNNIKA ÁLVAREZ - "MOBLES OTERO" (Cambados) 

2014 - EXPOSICIÓN INDIVIDUAL - "CAFÉ SABOY" (Pontevedra) 

2009-2015 - ARTE DE RÚA (Soportais de Correos - Santiago de Compostela)

2010-2015 - WWW.IRIARIBADOMAR.COM (Exposición permanente na rede)